Selecciona máximo 1 sector
Sector seleccionado→

A maior plataforma que reúne o talento feminino de Galicia. Unha gran comunidade de referentes en diversos eidos e sectores.
Voces que escoitar no presente para construír un futuro en igualdade.

PRESENTES

Nesta plataforma poderás encontrar milleiros de mulleres profesionais con voces acreditadas para participar como relatoras en conferencias, mesas redondas, conversatorios, entrevistas ou calquera tipo de evento do eido profesional, académico ou cultural.

Por que
facemos isto?

Contar con referentes femininos é imprescindible para acadar a igualdade de xénero. Son milleiros os eventos realizados en Galicia cada ano. Milleiros de oportunidades para amosar eses referentes e construír unha sociedade máis igualitaria, xa que en moitos deles a representación de mulleres, cun papel activo, segue a ser escasa.

Charlas, mesas redondas ou debates son espazos de visibilidade onde se precisan referentes, mais tamén son espazos de coñecemento, inspiración e diálogo. Espazos onde se constrúe o noso presente e se fala do noso futuro en diversos aspectos: sociais, económicos, sanitarios, tecnolóxicos, ambientais e un longo etcétera de temáticas que lle dan forma ao noso mundo.

Un mundo que nunca será igualitario se as mulleres non teñen voz.

E é por iso que nace PRESENTES.

A maior comunidade de mulleres galegas (ou residentes en Galicia) que quere dar visibilidade a profesionais expertas en todas as áreas de coñecemento e facilitar así que ocupen e protagonicen estes espazos.

Un proxecto da Xunta de Galicia para que toda aquela persoa que entenda a importancia disto poida incluír mulleres nos eventos e, deste xeito, contribuír a facer que o noso mundo, presente e futuro, sexa realmente igualitario.

Axúdasnos?

Aquí estamos

Como podemos axudarche a facer eventos igualitarios para transformar a sociedade?

Que podes
facer ti

Se organizas, relatas, asistes a algún evento, ou sinxelamente es sensible a esta causa, é moito o que podes facer.

Históricas

As mulleres que nos gustaría ter escoitado

Cifras

mulleres profesionais incluídas en PRESENTES
+ 0
históricas referentes que xa levamos localizadas
+ 0